Escoitar
NO MARCO DO IX FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL

O folclore de Venezuela, Mongolia e Andalucía chega a Saiáns

Ás 21:30, no local da antiga Radio Costeira, en Orxás (Saiáns), terá lugar a actuación dos tres grupos internacionais convidados para este verán pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural: os mongois de Xilingol, os venezuelanos de Yacamba, e os andaluces da Asociación Coros y Danzas de Baza.

martes, 22 xul 2003
A Compañía rexional de baile "Yacamba" foi creada o 8 de decembro de 1988 polo profesor Iván Valderrama. Dende entón, non deixou de producir un espectáculo estendéndoo por todo o mundo, presentando cantos, bailes e músicas de Venezuela.

Esta compañía mantén a súa búsqueda no ámbito da coreografía para manter un bo nivel no seu repertorio, esto último unido á renovación permanente das súas montaxes. Venezuela é rica na tradición que se alimentou da variedade das súas paixases e da beleza dos seus artistas. Sen cambiar nada a autenticidade dos seus espectáculos, soubo adaptalos á evolución inevitable das técnicas e dos medios de expresión.

O conxunto folclórico nacional "Xilingol", de Mongolia
é orixinario do val de Orkhom, que é sobre todo un lugar histórico: é onde Gengis-Khan, o gran xefe mongol, xuntou por primeira vez, a mediados do século XIII, ás tribos de fieis que ían axudarlle a crear un imperio.

Para os mongois, este val é o lugar mítico onde naceu a súa nación.
A música organízase ó redor de orquestras, nas que se volven a encontrar instrumentos tradicionais de cordas, frautas e xilófonos que se acercan, polo seu son e a súa forma, ós instrumentos chineses. En canto ós bailes, os seus ritmos e pasos parécense ó galope do cabalo.

A Asociación Municipal de Coros e Danzas de Baza (Andalucía) dedícase ó estudio e difusión dos bailes populares, mostrando a súa delicada exquisitez e variedade, descubrindo así a importancia cultural destas manifestacións artísticas andaluzas e en especial as da zona norte da provincia de Granada.

A través do Concello de Baza e gracias á colaboración da Deputación Provincial de Granada, o grupo ten a posibilidade de cumprir un dos seus principais obxectivos: "mostrar o folclore granadino e andaluz, así como as raíces populares doutras rexións españolas e doutros países", por medio dos sucesivos festivais nacionais nun principio, e internacionais despois, que se veñen celebrando na localidade dende o 1986.

O grupo conta cun amplo e variado repertorio de danzas, que inclúe bailes de toda Andalucía e en especial das diferentes comarcas granadinas, e dispón dun variado vestiario.

O grupo realizou numerosas actuacións en festivais de carácter nacional e internacional, practicamente en tódalas comunidades autónomas de España, participou en varios programas de televisión e en xiras por Italia, Portugal, Francia e Holanda. Na actualidade conta con 50 persoas, entre o corpo de baile e a rondalla; e dispón dunha escola de formación creada no 1986 á que asisten máis de 250 alumnos