Escoitar

O Alcalde visita os viveiros municipais

Pérez Mariño, visitou esta mañá as instalacións dos Viveiros Municipais do Castro, acompañado polas concelleiras de Parques e Xardíns e Persoal, María Xosé Porteiro e María Luisa Graña, respectivamente, e máis un técnico municipal. O alcalde coñeceu personalmente a superficie que se utiliza para facer acopio das árbores, arbustos e vivaces que posteriormente se plantan nos parques de O Castro, Castrelos ou A Guía.

mércores, 23 xul 2003
Logo de saudar aos empregados municipais do Servicio de Montes, Parques e Xardíns destinados nestas instalacións, os concelleiros fixeron un percorrido polo parque de O Castro e achegáronse a zona da muralla para comprobar a situación na que se atopa esa área. Nos sucesivos días o Alcalde continuará visitando distintos servicios municipais que se atopan fora da Casa Consistorial.

Anfaco propon ao Alcalde a necesidade de crear máis solo industrial
A creación de máis solo industrial ou a necesidade de que o novo PXOM sexa un instrumento que garanta a seguridade xurídica foron algunhas das peticións que a directiva de Anfaco plantexou ao Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, durante o encontro que mantiveron nas dependencias municipais. Ao longo de máis dunha hora, o rexidor municipal intercambiou impresiones co presidente da patronal conservera española, Álvaro Pérez-Lafuente e o secretario, Juan M. Vieites.

Pérez Mariño coincidiu con Anfaco ao recoñecer a importancia que o sector conservero ten en Vigo e na súa área de influencia. Segundo apuntou Vieites, as 55 empresas que forman Anfaco dan traballo 5.269 personas, cunha facturación conxunta superior a 1.370 millóns de euros e un volume de exportacións que ronda os 230 millóns de euros.