Escoitar

Xulio Alonso novo concelleiro da Corporación Municipal

O concelleiro Xulio Alonso Vázquez tomou posesión hoxe do seu cargo de concelleiro da Corporación Municipal polo grupo Democracia Progresista Galega en substitución da Agustín Arca, falecido recentemente.

mércores, 23 xul 2003
1058963263fotoxornal.jpg
Xulio Alonso, durante a súa toma de posesión
O pleno da corporación que se reuniu en sesión extraodinaria tamén aprobou a ratificación da posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos nos que se localiza o colexio público Doutor Fleming para a reforma integral do centro.

O Concello asinou recentemente un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a ampliación das instalacións do centro de ensino Doutor Fleming polo que a comunidade educativa deste colexio deberá trasladarse ao CEIP Rocío de Bouzas durante o vindeiro curso escolar.

No convenio establécese a cesión de 2.746 m2 municipais que serán utilizados para a mellora e ampliación das instalacións por parte da Xunta de Galicia. As obras de renovación comezarán no mes de novembro e se prevé que o centro estea en funcionamento no curso 2004-2005. O edificio conservará só a fachada.
Descargar todas as imaxes