Mocións que se presentan para o debate ó pleno ordinario do luns
Proposta da Voceira do grupo político municipal do PP referente ó fomento das políticas de integración laboral das persoas discapacitadas.
ANTECEDENTES
As persoas con discapacidade son, sen dúbida, as máis perxudicadas á hora de acceder ó mercado laboral. As barreiras que padecen ó longo da súa vida multiplícanse no momento en que se inician na búsqueda dun emprego. En España, máis de 3,5 millóns de persoas sofren algún tipo de discapacidade, unha cifra que, en Galicia, está preto das 300.000.
Dentro do colectivo de persoas con discapacidade, as que padecen discapacidade intelectual son as que se atopan con máis dificultades para acceder a un posto de traballo, xa que a maioría dos empregos os ocupan persoas con discapacidade física.
É obriga das institucións públicas e das persoas que as representamos fomenta-las políticas de integración a tódo-los niveis, e prestar especial cuidado ó ámbito laboral. España é un país que, por lei, debe reservar a estos colectivos o 2 por cento dos postos en empresas de máis de 50 traballadores, unha porcentaxe que alcanza o 3 por cento na Administración. No Concello de Vigo establecese que "nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3 por cento das vacantes coma mínimo, tanto en quenda libre coma en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33 por cento". Sen embargo, esta porcentaxe non se cumpre na realidade.
Expostos os antecedentes, se somete a debate e votación a seguinte
MOCIÓN
O grupo municipal do Partido Popular pide que dende o Concello se fomenten as políticas para a integración total das persoas con discapacidade cumprindo, coma mínimo, a porcentaxe establecida por lei do 3 por cento das prazas vacantes para que sexan cubertas por persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33 por cento.
O grupo municipal do PP pide tamén que o goberno faga un esforzo para garanti-lo acceso á Administración das persoas con discapacidade intelectual.
Proposta do concelleiro do grupo político municipal do PP, Sr. López-Chaves Castro, referente á mellora dos medios materiais de traballo nas dependencias do Arquivo Municipal.
ANTECEDENTES
O arquivo xeral do Concello de Vigo constitúe un dos medios básicos e fundamentais para coñece-la historia da nosa cidade. A riqueza patrimonial e histórica dos seus fondos, os datos que almacena, o seu valor non só documental e coma instrumento da xestión municipal, senon tamén coma fonte de coñecemento para as investigacións que teñen por obxecto a nosa historia esixe que se lle dote dos medios necesarios para desenvolver esta importante función.
Na actualidade, as condicións de traballo do persoal do arquivo e dos investigadores e persoas que nel realizan consultas empeoraron debido á construcción dun muro polas reformas do paseo que rodea o Concello, moi próximo ás escasas ventanas coas que conta o arquivo, e que reduciu sensiblemente a luz natural das únicas salas que gozaban dela. É necesario, polo tanto, realiza-las obras necesarias que sirvan para mellora-las condicións de traballo no arquivo.
O arquivo necesita, ademáis, incrementa-los seus medios materiais para acoller ó persoal do programa Labora, cofinanciado pola Xunta de Galicia. Preto de 14 becarios do programa incorporaranse ás instalacións en próximas datas. Esos medios imprescindibles son dous ordenadores, unha impresora e un escáner.
O arquivo tamén necesita aumenta-lo espacio adicado ó almacenamento dos seus fondos, que cada ano se incrementa de xeito sensible, xa que o actual non é suficiente para cubri-las necesidades do servicio. Entre as medidas urxentes que teñen que adoptarse está a de incrementa-lo número de estanterías de arquivo que eviten a acumulación de numerosa documentación no chan. Existe espacio baleiro para iso no fondo do propio arquivo.
Tamén sería convinte facilita-lo labor dos investigadores que continuamente consultan o arquivo. Un dos principais problemas ós que se enfrontan é algo tan sinxelo coma poder facer unha fotocopia. Ó carecer de fotocopiadora hai que saca-lo documento fora do arquivo, coas dificultades que isto ocasiona. Propoño, polo tanto, instalar unha fotocopiadora no arquivo xeral, fotocopiadora que deberá contar cun sistema, coma noutros moitos centros de investigación, de tarxeta ou monedas, evitando, deste xeito, interrumpi-lo traballo do persoal.

Que se realicen os estudios necesarios para mellora-las condicións para o traballo diario e a investigación no arquivo municipal. Que se instalen, de xeito urxente, dous ordenadores, unha impresora e un escáner adecuados ás necesidades do servicio; que se incremente o espacio adicado ó almacenamento dos seus fondos e se executen as obras para a incorporación de novas estanterías e se instale unha fotocopiadora cun sistema de pago por tarxeta ou monedas.
Proposta do concelleiro do grupo político municipal do PP, Sr. Coello Bufill, referente ós estacionamentos de vehículos na rúa Ecuador.
ANTECEDENTES
O tráfico é un dos problemas máis importantes de Vigo, unha situación que se agrava pola falla de aparcadoiros e na que o goberno ten que poñer todo o que esté na súa man. Nembargantes, hai veces que as solucións ós problemas de aparcamento arranxan parte da situación, pero empeoran outros aspectos. Isto é o que ocorre na rúa Ecuador. O goberno puxo en marcha nesta rúa viguesa o sistema de aparcamento en batería, que incrementa en boa parte o número de prazas, pero que xenera dificultade ós vehículos para maniobrar, e polo tanto, os atascos que se producen na zona, antes provocados pola dobre fila, seguen a ser unha constante.
Ademais, o aparcamento en batería, unha medida que o concelleiro de Tráfico atribúe ó goberno anterior, púxose en marcha sen consultar cos veciños e comerciantes da zona.
Por último e todavía se cabe máis importante, o aparcamento en batería non contribúe en nada á eliminación de barreiras arquitectónicas. O sistema reduce o espacio das beirarrúas e, en determinadas zonas ocupadas por mesas de establecementos hosteleiros, o paso de cadeiras de rodas é imposible. Ós problemas para as persoas con discapacidade tamén hai que engadir a necesidade de aumenta-lo espacio adicado a zona de carga e descarga.

Que o goberno adopte as medidas necesarias para arranxar tóda-las dificultades que atopan os conductores que estacionan en batería na rúa Ecuador, mellorando o espacio para maniobrar e aumentando as zonas de carga e descarga.
O grupo municipal do PP pide tamén que o goberno se coordine coa Concellería de Benestar Social para soluciona-los problemas que o novo sistema de aparcamento plantexa ás persoas con discapacidade, xa que non axuda á eliminación de barreiras arquitectónicas senón o contrario: crea novas barreiras.