Escoitar

Primal Scream, estrela rock das festas de Vigo

A concelleira de Festas e Animación sociocultural, Margarida Martíns, presentou a actuación máis importante do porgrama das Festas do Cristo 2003, a banda escocesa de rock Primal Scream. Faranlle a entrada un dos grupos máis peculiares do pop catalán: Sidonie.

xoves, 24 xul 2003
1059042456presntacion.jpg
No centro, a concelleira de Festas Margarida Martíns
O concerto terá lugar o 7 de agosto, no parque de Castrelos. As portas abriranse ás 21:30, e o concerto comeza ás 23:00 con Sidonie. Primal Scream tocarán ao redor das 24:00. Os prezos serán 15 euros na porta de acceso e 12 se se compran anticipadamente.

Bobby Gillespie, cantante de Primal Scream, creou o grupo cando tocaba a batería con The Jesus and Mary Chain. A banda nace en Glasgow, con Andrew Innes e Robert Young, vellos amigos de Gillespie, a principios dos 80, cando empezan a producir ritmos espontáneos apaleando un par de tapas de cubos de lixo.

O seu álbum de debú foi "Sonic flower groove". En 1985 cambiaron o seu estilo hacia un son máis achegado ao pop dos 60. En 1991 publicaron "Screamadelica", o máis aclamado de Primal Scream ata o de agora, inspirados polo movemento acid-house e incorporando novas músicas e sons. O disco recolle centos de críticas favorables e válelles o Mercury Music Prize.

No seu álbum de 1994 "Give out, but don’t give up", achegáronse ao son dos Rolling Stones, que completaron con certos toques de funk, e en 1997 editaron "Vanishing point". Volven con "Exterminator", un disco que fala dun mundo cheo de violencia, o odio e a enfermidade.

Primal Scream rematou en Londres a gravación do seu sexto álbum de estudio, un disco que produciron eles mesmos e para o que contaron con importantes colaboracións nas mesturas: David Holmes, Brendan Lynch, Kevin Shields, Hugo Nicholson e The Chemical Brothers, responsables da versión principal do single "Swastika eyes". En 2002 aparece "Evil heat", o seu último traballo, que mantén a forza e a contundencia sonora do seu predecesor.

O grupo catalán Sidonie está formado por Marc Ros (voces, guitarras, baixo, teclados, sámpler e percusións); Jesús Senra (voces, baixo, sitar, guitarras, teclados, sampler e percusións) e Axel Pi (batería, táboa, bongos, teclados, sámpler e outras percusións).
1059042456presntacion.jpg
1059042405primalscream.jpg