Bando do Día de Galicia
O texto do bando lerao no acto oficial do Pazo Quiñones o seu autor, Isaac Díaz Pardo, intelectual galeguista e fundador da etapa contemporánea de Sargadelos. O bando fai unha reflexión sobre a historia de Vigo e de Galicia no século XX, a partir da anécdota da saída de Castelao cara ao exilio bonaerense.
O 25 de xullo de 1947 Castelao parte de Marsella cara Bos Aires. Son os anos máis duros dunha vida que remataría en 1950 na capital arxentina. Elabora nese momento o autor de Rianxo un resumo dos 64 persoeiros chave da historia de Galicia.
Isaac Díaz Pardo lembra esa anécdota pois foi en Vigo onde el, como tantos outros galegos, embarcou para Bos Aires, niño fecundo das xeracións da posguerra. Díaz Pardo fai no texto do bando unha historia do Vigo do século XX e de como influíu no desenvolvemento de Galicia: o arquitecto Palacios, o Partido Galeguista, a capital editorial, o proxecto Galaxia ou Valentín Paz-Andrade, sen esquecer o último alcalde republicano de Vigo: o fusilado Martínez Garrido.
O acto de lectura do bando terá lugar no xardín inglés do Pazo Museo Quiñones de León, ás oito do serán do día 24 de xullo. Nel participará, ademais de Isaac Díaz Pardo, o alcalde Ventura Pérez Mariño.