mércores, 25 set 2019
O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao comité de empresa do estaleiro Vulcano e deu o seu apoio ás reclamacións dos traballadores. Os representantes da empresa trasladaron ao rexedor vigués a súa preocupación pola situación que viven logo de que a empresa entrase en fase de liquidación co correspondente finiquito para toda a plantilla.
luns, 23 set 2019
Abel Caballero participou este luns na apertura da xornada "Os retos sociais do sector pesqueiro ante o Brexit", organizada por Fundamar na sede de ARVI, xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva. O rexedor salientou a importancia de unir posicións e da necesidade do esforzo conxunto na procura de solucións ante o Brexit porque Vigo, dixo, é "unha cidade exportadora, enviamos coches e queremos seguir recibindo turistas polo que precisamos cooperación" e queremos seguir tendo relación co Reino Unido; non queremos ter aranceis que dificulten" a actividade empresarial e da pesca da cidade.
luns, 16 set 2019
"A sostibilidade e competencia legal deben ser un empeño colectivo", afirmou Abel Caballero durante a inauguración do encontro.
xoves, 12 set 2019
Abel Caballero anunciou este xoves que Vigo terá "en tempo e forma" o seu Orzamento para 2020. "Será meu 13 presuposto consecutiva", sinalou o alcalde antes de incidir en que as contas municipais para o ano que vén poden crecer ata un 2,8%, tendo como referencia a taxa de crecemento do PIB.
martes, 10 set 2019
O alcalde de Vigo destacou a importancia da Feira Mindtech (Metal Industry and Technologies International Trade Fair) como polo de atracción empresarial e de emprendemento. O evento inaugurouse este martes no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) coa presenza de profesionais do sector industrial, metalúrxico, metalmecánico e tecnoloxías asociadas.
martes, 20 ago 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes aos responsables da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), novo colectivo que transmitiu ao rexedor a súa preocupación pola carencia de persoal cualificado. "Hai sectores en Vigo estrangulados pola falta de man de obra cualificada, polo que é necesario mellorar a formación profesional", sinalou Caballero.
martes, 23 xul 2019
Abel Caballero asinou este martes a orde para o inicio da elaboración do orzamento do Concello para 2020, unhas contas que primarán o investimento para continuar transformando a cidade, as políticas sociais e o emprego. Esta mesma semana serán aprobadas as ordenanzas fiscais, segundo avanzou o alcalde.
xoves, 20 xuñ 2019
O XXXIII Congreso Internacional de Economía Aplicada Asepelt 2019 reúne en Vigo a máis de 150 especialistas
venres, 7 xuñ 2019
Abel Caballero mantivo un encontro este luns con Gerardo Cuerva, presidente da Confederación Española da pequena e mediana empresa e vicepresidente da CEO que valorou a situación de Vigo como zona industrial e que lle trasladou ao rexedor en funcións o seu "desexo de cooperar no ámbito da organización e xeración de empresas e actividade económica" así como na abordaxe da instalación de factorías en zonas menos poboadas, un extremos que seguirán abordando en próximas xuntanzas.
mércores, 5 xuñ 2019
Caballero visitou este mércores xunto a David Regades, delegado de Zona Franca, e Ángeles Heras, secretaria de Estado de Universidade, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a empresa Hermasa situada no PTL de Vigo.