O Concello prevé un orzamento de 267,7 millóns de euros para 2020
Abel Caballero informou este mércores da tramitación dos Orzamentos Municipais de 2020 que, segundo as súas previsións, serán aprobados de forma definitiva o 23 de decembro.
O rexedor explicou que o documento de presupostos do Concello para o ano 2020 pasará mañá a informe de intervención, coa previsión de que se aprobe inicialmente na Xunta de Goberno da vindeira semana, o venres 25 de novembro, logo irá ao Pleno extraordinario, arredor do 14 de novembro, e quedará aprobado de forma definitiva o 23 de decembro de cumprirse os prazos previstos.
Abel Caballero expuxo ante os medios de comunicación que o Orzamento Municipal para 2020 acadará un importe total de 267,7 millóns de euros, 10 millóns máis que en 2019. Coa aprobación deste presuposto, o Concello pode garantir que o 1 de xaneiro os funcionarios de Vigo cobrarán o seu salario coa suba correspondente e, amais, os Orzamentos reflectirán a débeda 0 do Concello que, nestes momentos, paga aos provedores nunha media de 12 días.
Modificación orzamentaria
O rexedor informou tamén da modificación do orzamento de 2019 que está executando o goberno municipal para cambiar a partida destinada á ampliación do colexio Pintor Laxeiro, na que se contemplaba a expropiación dun terreo por parte do Concello para que a Xunta de Galicia execute esa ampliación. A decisión tómase ante a falta de compromiso do goberno autonómico con este proxecto.
Así, o alcalde demandou á Xunta de Galicia que asine un convenio para garantir a asignación orzamentaria en cumprimento do compromiso adquirido. Namentres, o Concello destinará esa partida reservada para a obra do Pintor Laxeiro a outros fins, retomando a dedicación no momento no que se vaia executar a obra.
Descargar todas as imaxes