Escoitar

O goberno local testa o sábado a utilización online da PassVigo para o autobús turístico do Nadal

O Festival de Rock Concello de Vigo celébrase este sábado, desde as 20h, no IFEVI, coas actuacións de Sober, Ñu, O’Funkillo, Motores e Quarzum. Ao finalizar, o público contará cun autobús lanzadeira ata o centro, cuxo billete pode ser comprado con antelación, xunto coa entrada ao festival. Co código da PassVigo se bonifica o importe do bus. Trátase dunha proba piloto de cara a empregar a tarxeta cidadá para as viaxes con desconto no bus turístico no Nadal vigués.

mércores, 16 out 2019
As entradas para o Festival poden ser compradas en tenda física (Elepé en Vigo e Musical Pontevedra nesta cidade) e tamén vía web, na plataforma woutick.es, onde tamén poderás adquirir conxuntamente o teu billete para a lanzadeira de volta desde o IFEVI ata o centro. Introducindo o código da tarxeta PassVigo, o importe do bus será bonificado e descontado segundo o tipo de usuario.

O autobús urbano de volta a Vigo partirá do recinto feiral ao remate do festival co seguinte percorrido: IFEVI - Avda Aeropuerto - Jenaro de la Fuente - Choróns - Urzáiz - Policarpo Sanz - Paseo de Alfonso - Pi y Margall - López Mora - Praza de América - Avda Florida.

Segundo explicou o alcalde, trátase dunha proba piloto de cara ao Nadal, onde o Concello prevé volver a utilizar o autobús turístico, cun prezo con desconto para aqueles usuarios da tarxeta cidadá PassVigo.