Vigo coopera con ACNUR para atender á poboación desprazada no norte de Nixeria
Dentro do programa de cooperación internacional inclúe a asistencia aos case dous milóns de desprazados no norte de Nixeria. A achega municipal permitiu entregar 4.300 kits de emerxencia a outras tantas familias.
O rexedor fixo esta mañá balance do programa de cooperación que realiza ACNUR para a asistencia de emerxencia á poboación desprazada no norte de Nixeria. Cunha achega de 20.000 euros, este programa contribuíu ao proceso de protección internacional dos desprazados nixerianos asentados no estado de Borno, zona de máxima ocupación de Boko Haram.
Grazas a este proxecto, 4.300 familias accederon a kits de emerxencia, con prioridade para a poboación con especial vulnerabilidade. O material distribuído contiña artigos non alimentarios de emerxencia como colchóns, mosquiteiras, mantas, esterillas, sets de cocina, bidóns para transporte de agua, produtos de hixiene ou blisters de desinfectantes.
Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, a cifra de desprazados internos na área nordeste e Nixeria supera os dous millóns de persoas.