O rexedor eloxia o Petisquiño que na sexta edición reúne a 52 establecementos
A sexta edición do Petisquiño arrancará o 17 de outubro -ata o 10 de novembro – con 52 establecementos participantes. Na presentación, o rexedor louvou unha iniciativa que xuda a crear lugares de encontro en toda a cidade, ademais de fomentar a gastronomía de calidade.
O alcalde participou esta mañá na presentación da sexta edición do concurso de tapas Petisquiño, organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra co patrocinio público do Concello e da Deputación de Pontevedra. Iniciativas como o Petisquiño axudan a potenciar lugares de encontro en todas e cada unha as zonas de Vigo e "por iso nos agrada tanto". Retomando éxitos como o da campaña das luces de Nadal, Caballero subliñou que os visitantes chegan a unha cidade cunha hostalaría e unha gastronomía "excepcional", cunha "relación calidade-prezo única".
Vigo xa está presente en todas as rutas turísticas e a hostalaría "é a infraestrutura máis importante deste piar económico que xa é o turismo. "O éxito de Vigo non é efémero, sodes grandes creadores de valor engadido e de emprego", engadiu ao tempo que Vigo segue imparable cara converterse nunha cidade turística de primeira magnitude.
O Petisquiño desenvolverase este ano entre o 17 de outubro ata o 10 de novembro (unha semana máis que o ano pasado) e contará con 52 establecementos distribuídos polo Casco Vello; Náutico; Bouzas; zona Centro/Praza Compostela; Corte Inglés/Casablanca e Lavadores, que se incorpora este ano. Na presentación tamén estiveron presentes César Ballesteros, presidente de Feprohos e Nolo Giráldez, representante de Bodegas Grandes Pagos.
Descargar todas as imaxes