Á venda os abonos para o Super Bock Under Fest, con Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed como cabezas de cartel
O alcalde informou do inicio da venda, deste este venres, dos abonos para a segunda edición do festival, que se celebrará o 22 e 23 de novembro co apoio do Concello. Pendente de pechalo definitivamente, o evento cita en Vigo a Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed como cabezas dun cartel que traerá a dez salas da cidade máis de vinte bandas internacionais, nacionais e da escena local. <br />
Volve a Vigo o Super Bock Under Fest con Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed á fronte, un cartel que reúne en Vigo máis de 20 actuacións en dez salas da cidade durante dous días, o 22 e 23 de novembro.
A falta de completar a programación, os abonos xa están á venda (en ataquilla.com, na sede de Afundación e no 902 504 500) desde este mesmo venres, tal e como informou Abel Caballero en rolda de prensa. O Concello colabora neste festival, que pretende dinamizar e poñer en valor os distintos espazos escénicos de Vigo, con actuacións en salas, teatros e recintos singulares.
A artista multidisciplinar canadense Peaches será cabeza de cartel coa súa mistura de electro-clash, punk e electrónica. Será a súa primeira visita a Galicia e unha das poucas actuacións que ten programadas en Europa. O soulman Ely ‘Paperboy’ Reed virá a Vigo por primeira vez coa súa revisión dos clásicos do xénero.
Ademais, está confirmada a presenza na cidade dos australianos Vancouver Sleep Clinic, os ingleses Everyone You Know, a londiniense Jordan Mackampa, Helado Negro, que chegan desde Brooklyn, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Side Chick, Noiserv, Bed Legs, IVY o Whales. E da escena galega e viguesa, la cumbia de Ortiga, o surf instrumental tex-mex de Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, e mistura de america, rock e folk que ofrecen Family Folks.
Descargar todas as imaxes