Escoitar

O Concello agarda licitar en dous meses a nova Avenida de Madrid logo de recibir o convenio asinado por Fomento

Asinada por José Luis Ábalos, o Ministerio remitiu a addenda ao convenio de humanización da Avenida de Madrid, por importe de 13,4 millóns dos que Fomento abonará case que nove, segundo informou este xoves Abel Caballero. O Concello agarda poder licitar a obra nuns dous meses, unha vez o Ministerio envíe o proxecto de trazado e conclúa o proxecto construtivo.

xoves, 10 out 2019
1570711188081019Alcalderueda.jpg
Unha vez rubricada polo alcalde, o Concello de Vigo vén de recibir asinada polo ministro a addenda ao convenio con Fomento para a remodelación integral da Avenida de Madrid, un acordo que eleva o investimento aos 13,4 millóns de euros na principal vía de entrada e saída da cidade.

Antes de poder licitar a obra, segundo informou o alcalde, o Ministerio enviará ao Concello o proxecto de trazado, que sairá a exposición pública durante trinta días, e o construtivo, que Fomento redacta en paralelo. Abel Caballero recordou que, en virtude do acordo asinado, correspóndelle ao Concello licitar a obra, algo que podería facer dentro duns dous meses aproximadamente. No tocante ao avance das obras, o alcalde non deu prazos e explicou que o convenio, que obriga ás partes, recolle unha previsión de gasto de nove millóns de euros no ano 2020.
Descargar todas as imaxes