Escoitar

O goberno local coopera cun proxecto solidario para combater a anemia infantil en Perú

Un comedor escola e unha residencia para estudantes son os obxectivos do proxecto Aulas Abertas en Cajamarca no que colabora o Concello de Vigo. A iniciativa quere garantir as necesidades básicas do alumnado e unha formación que lles permita acceder ao mercado laboral e ter unhas condicións de vida dignas.

mércores, 9 out 2019
O Concello de Vigo iniciou este ano o proxecto de cooperación Aulas Abertas en Cajamarca (Perú) para un comedor escola e unha residencia de estudantes no país suramericano. Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, o comedor escola atende a 260 nenos e nenas de familias que viven en condiciones de pobreza.

Ademais de asistir ás clases, o proxecto garante as necesidades básicas de alimentación co obxectivo de diminuír a anemia infantil, que en Cajamarca situase no 37% e na escola xa descendeu ao 12%. O Concello de Vigo contribúe con 20.000 euros.

De forma paralela, o goberno local tamén colabora coa residencia de estudantes "Amor de dios – Proxecto Vigo", dirixida en particular ás nenas peruanas, en clara discriminación ao ser obrigadas a deixar a escola en idades temperás. Perú ten un 4% de homes sen ningún nivel educativo, porcentaxe que sobe ao 10% no caso das mulleres.

A residencia vai dirixida a mulleres que cursen estudios secundarios e universitarios. Este ano, desde o Concello apoiouse a 10 mozas, das que 5 estudan secundaria e as outras 5 cursan hostalería, dereito, psicoloxía e enxeñería ambiental. A residencia ocúpase de todos os seus gastos básicos e do pago da matrícula.

O Concello tamén abonou a matrícula universitaria de cinco xoves da rexión de Libertad, próxima a Cajamarca, dos que dous estudan Administración e Dirección de Empresas e os outros tres, Viticultura. Neste caso costea as matrículas, o aluguer da habitación onde viven e a alimentación.

O obxectivo fundamental do Proxecto Aulas Abertas, financiado polo Concello, é garantir a súas necesidades básicas e unha formación que lles permita desenrolarse a nivel persoal e profesional, para poder acceder ao mercado laboral e conseguir unhas condiciones de vida dignas.