xoves, 10 out 2019
A Xunta de Goberno Local deu luz verde a unha nova edición do programa de arte urbana efémera que quere a revitalización da contorna urbana e comercial da cidade. Amais, mañá comezan a executarse os murais dos centros educativos.
xoves, 10 out 2019
Abel Caballero deu conta esta mañá do acordo "practicamente pechado" coa Universidade para o pago do IBI que a institución académica ten pendente coa administración local. Así o explicou o rexedor logo de manter un encontro co reitor Manuel Reigosa, con quen asegurou manter relacións fluídas.
xoves, 10 out 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a a contratación de consultoría e asistencia técnica para o estudo das infraestructuras e servizos vinculados á rede de abastecemento e saneamento. Ademais, deu o visto e prace ás obras de humanización da rúa Juan de Bastos e aos convenios con CCOO, UGT e Agarimo.
xoves, 10 out 2019
A Praza do Rei de Vigo acolleu este xoves o acto central do Día Mundial da Saúde Mental na cidade. Organizado polo colectivo DOA Saúde Mental, procedeuse á lectura do manifesto para centrar esta xornada na prevención do suicido baixo o lema "Conect@ con la vida". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou nos actos e mostrou o apoio do Concello para integrar socialmente ás persoas que padecen este tipo de enfermidades.
xoves, 10 out 2019
Neste mes de outubro, o MARCO retoma as súas actividades de formación para adultos da tempada 2019-20, cunha nova edición dos cursos de historia da arte e de historia do cinema, impartidos por Ana Pereira e José Manuel López, respectivamente, e que terán lugar cada mércores e xoves no salón de actos do Museo, previa inscrición e matrícula.
xoves, 10 out 2019
A Supercopa de España de judo para categoría cadete, este sábado (9:30 horas) na súa sede habitual do Multiusos de Navia, batirá tódolos récords de participación na competición para rapaces e repazas de 14 a 16 anos, segundo anunciaron hoxe, en rolda de prensa, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.