venres, 11 out 2019
Abel Caballero anunciou este venres que as escaleiras da Praza da Estación están xa pechadas por motivos de seguridade durante as obras do Centro Vialia. Esta mesma semana o Concello de Vigo aprobou o proxecto de construción dos accesos á estación do AVE de Vigo.
venres, 11 out 2019
O vindeiro luns, tódolos préstamos de libros de mulleres recibirán unha flor e unha cita literaria en homenaxe ao legado cultura das autoras homenaxeadas. Ademais, a Neira Vilas conmemora o 24 de outubro o Día das Bibliotecas "pasando consulta" aos usuarios. <br />
venres, 11 out 2019
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra enxalzan a cooperación interinstitucional como "nova forma de entender a acción política, neste caso deportiva, desde o entendemento". Participarán no DepoDesafío Tríatlon 320 persoas e no Acuatlón, unha das actividades centrais do programa, medio centenar de nenas e nenos<br />
venres, 11 out 2019
Tal e como recordou Abel Caballero, desde as 18h deste venres será utilizable este novo espazo de 1.500 metros cadrados, ao carón do instituto do Calvario, tras un investimento de 440.000 euros. Está configurado en dúas alturas, cunha mega estrutura de aeronave espacial.
venres, 11 out 2019
O alcalde informou do inicio da venda, deste este venres, dos abonos para a segunda edición do festival, que se celebrará o 22 e 23 de novembro co apoio do Concello. Pendente de pechalo definitivamente, o evento cita en Vigo a Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed como cabezas dun cartel que traerá a dez salas da cidade máis de vinte bandas internacionais, nacionais e da escena local. <br />