Escoitar

O Concello pecha as escaleiras da Praza da Estación por seguridade durante as obras

Abel Caballero anunciou este venres que as escaleiras da Praza da Estación están xa pechadas por motivos de seguridade durante as obras do Centro Vialia. Esta mesma semana o Concello de Vigo aprobou o proxecto de construción dos accesos á estación do AVE de Vigo.

venres, 11 out 2019
As escaleiras que unen a Praza da Estación coas rúas Vía Norte e Urzaiz están pechadas desde este xoves para facilitar os traballos que se levan a cabo para levantar o novo Centro Vialia. O alcalde, Abel Caballero, informou este venres de que se trata dunha medida de seguridade durante as obras e que con posterioridade a escaleira será substituída por un elevador. Este mesmo xoves, o Concello de Vigo aprobou o proxecto construtivo dos accesos á estación do AVE en Vigo.