Escoitar

Vigo acolle este sábado en Navia a Supercopa de judo cadete, "un dos grandes eventos do deporte de base"

A Supercopa de España de judo para categoría cadete, este sábado (9:30 horas) na súa sede habitual do Multiusos de Navia, batirá tódolos récords de participación na competición para rapaces e repazas de 14 a 16 anos, segundo anunciaron hoxe, en rolda de prensa, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

xoves, 10 out 2019
1570724533judo.jpg
Preto de seiscentos deportistas, un 15% máis que no 2018, acoden para competir no Gran Premio Internacional Cidade de Vigo, "un dos eventos de referencia no calendario de campionatos que se organizan en Vigo", sinalou o edil de Deportes.

Muzas celebrou que "por segundo ano consecutivo contamos con representación das dezasete comunidades autónomas", sendo ademáis masiva a presenza de judokas portugueses. "Saben que aquí están garantidos combates de moito nivel e sempre veñen". De feito serán uns 140 fronte aos 125 da propia selección galega. No terceiro caixón por participación, Madrid, con preto dun cento de inscritos.

Á comparecencia ante os medios tamén acudiu o xefe territorial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, quen sinalou que a Supercopa é un evento estratéxico para a Secretaría Xeral e que avaliou o apoioo de tódalas administracións a estos eventos de relevancia.

Pola súa banda, o edil de Deportes asegurou que o campeonato é "un dos grandes eventos de deporte base". De feito, abre a serie de tres campionatos que engloba a Supercopa (os otros, en Avilés e Pamplona).

A Supercopa de España de Judo, XXIV Gran Premio Internacional Cidade de Vigo, volta á súa sede permanente de Navia dende 2011, logo de pasar por As Travesas, Coia, O Berbés e Bouzas.

A competición arrinca ás 9:30 horas coas eliminatorias masculinas nos seis tatamis dispostos. As categorías femininas (tamén para oito pesos) comezarán ás 12:00. A loita polo bronce, ás 14:30 horas e sesenta minutos despois as finais. O concelleiro lembrou á ciudadanía que o acceso ao Municipal de Navia é gratuíto.
1570724533judo.jpg
1570724535judo.jpg
Descargar todas as imaxes