O alcalde participa na lectura do manifesto do Día Mundial da Sáude Mental en Vigo
A Praza do Rei de Vigo acolleu este xoves o acto central do Día Mundial da Saúde Mental na cidade. Organizado polo colectivo DOA Saúde Mental, procedeuse á lectura do manifesto para centrar esta xornada na prevención do suicido baixo o lema "Conect@ con la vida". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou nos actos e mostrou o apoio do Concello para integrar socialmente ás persoas que padecen este tipo de enfermidades.