O DepoDesafío Tríatlon aprázase por mor da meteoroloxía
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra enxalzan a cooperación interinstitucional como "nova forma de entender a acción política, neste caso deportiva, desde o entendemento". Participarán no DepoDesafío Tríatlon 320 persoas e no Acuatlón, unha das actividades centrais do programa, medio centenar de nenas e nenos<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deron a coñecer este venres a segunda edición do DepoDesafío Tríatlon que estaba previsto para este domingo e que por mor da climatoloxía aprázase ata novo aviso, aínda que se está preparando, se o tempo acompaña, para o 27 de outubro. "Por precaución e pola montaxe prevista para Samil é aconsellable parar o DepoDesafío", asegurou Carmela Silva quen enxalzou esta proba que vai xa pola súa segunda edición.
Para a presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vigo este evento deportivo é unha proba máis da cooperación interinstitucional. Deste xeito, Carmela Silva agradeceu a Caballero a "boa disposición e colaboración" do concello para acoller a proba deportiva e, pola súa banda, o alcalde destacou que se trata "dunha nova forma de entender a acción política, neste caso deportiva, desde o entendemento e a cooperación".
O Tríatlon de Vigo, a última das probas do DepoDesafío, contará coa participación de 320 persoas e disputarase, tal e como informou a presidenta provincial, na modalidade sprint que consiste en percorrer "750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a pe". A saída desta proba terá lugar ás 11 da mañá.
Anteriormente terá lugar o Acuatlón de Vigo, "pensado para nenas e nenos en categorías alevín, benxamín, infantil e cadete", tal e como informou a presidenta provincial. En total, participarán nesta proba medio centenar de nenas e nenos, con saída ás 9.30 para benxamín, ás 9.45 h para alevíns, ás 10.00 para a categoría infantil e 10.30 para cadete.
Todas as probas do Tríatlon enmarcado no DepoDesafío da institución provincial contarán coa dirección da Federación Galega de Tríatlon.
Segundo informou a presidenta provincial, o DepoDesafío péchase en Vigo tras ter realizado ao longo da xeografía da provincia de Pontevedra diferentes probas deportivas: BTT (As Neves, xuño), carreira a pé nocturna (Vilagarcía de Arousa, xullo), travesía a nado (Combarro –Poio-, xullo) e trail (Cuntis, setembro). A muller e o home que acaden a máxima puntuación nas probas recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, con voo e aloxamento incluídos. Ata o momento, tal e como informou a presidenta, encabezan a clasificación Iria Campos e Ramón Troncoso. O ano pasado gañaron a clasificación xeral Ariana González e Brais Misa que xa desfrutaron da Maratón de Berlín o pasado 29 de setembro.
Descargar todas as imaxes