mércores, 16 outubro 2019

O goberno local testa o sábado a utilización online da PassVigo para o autobús turístico do Nadal

mércores, 16 out 2019

O Festival de Rock Concello de Vigo celébrase este sábado, desde as 20h, no IFEVI, coas actuacións de Sober, Ñu, O’Funkillo, Motores e Quarzum. Ao finalizar, o público contará cun autobús lanzadeira ata o centro, cuxo billete pode ser comprado con antelación, xunto coa entrada ao festival. Co código da PassVigo se bonifica o importe do bus. Trátase dunha proba piloto de cara a empregar a tarxeta cidadá para as viaxes con desconto no bus turístico no Nadal vigués.

Vigo súmase á recollida de vidro polo Día mundial do cancro de mama

mércores, 16 out 2019

Por cuarto ano consecutivo, o Concello impulsa esta campaña, organizada con motivo do Día mundial do cancro de mama, e desde este xoves instalará na Porta do Sol dous contedores rosas durante dúas semanas. O vidro reciclado nestes "iglús" transformarase nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de solidariedade contra o cancro.