O Concello de Vigo pagou en só nove días facturas a provedores por valor de 25 millóns

mércores, 29 xan 2020

Vigo sitúase unha vez máis como a cidade española que antes abona as súas facturas, cun prazo que en decembro foi de nove días, cando a media das corporacións locais é de 66 días. Os datos, ofrecidos polo goberno de Vigo no pleno deste mércores, indican que o Concello efectuou pagos por valor de 25 millóns no mes de decembro e en todo o ano pasado o importe foi superior aos 158 millóns.