A FEMP crea un grupo de traballo para abordar co Goberno a reforma da Lei de Bases de Réxime Local e da LRSAL
A FEMP insiste en contar o antes posible cun decreto que permita a utilización do superávit de 2019 e en plasmar en termos lexislativos os acordos técnicos alcanzados en regra de gasto. A Federación solicitará reunións cos grupos políticos do Congreso para abordar con premura a modificación do imposto de plusvalías e o seu axuste ás sentenzas dos Altos Tribunais.
A Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, creará un grupo de traballo para avanzar co Goberno na reforma da Lei de Bases de Réxime Local -unha normativa que entrou en vigor en 1985 – e da Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, LRSAL, que veu derogados polo Tribunal Constitucional algúns dos seus contidos. Neste grupo traballarase sobre os aspectos que precisan ser modificados, entre outros, a clarificación das competencias locais. As conclusións serán elevadas como propostas ao Goberno para avanzar no trámite de modificación lexislativa, na liña do tratado o pasado día 12 polo presidente, Abel Caballero, coa ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias.
Na Xunta de Goberno que a FEMP celebrou esta mañá tamén se coñeceu que a proposta do Executivo ao respecto á abordar de xeito rápido a modificación de LARSAL e, ao longo da lexislatura, a reforma da Lei de Bases.
Na reunión de hoxe explicáronse os temas tratados a pasada semana na Comisión Nacional de Administración Local, CNAL, e tamén na reunión do presidente coa ministra Carolina Darias. Un deses asuntos foi a petición da FEMP de contar canto antes cun decreto que faga posible a utilización do superávit de 2019. A urxencia por dispoñer deste decreto -que a FEMP propón estea listo en abril, tan pronto se coñeza o volume exacto do superávit – vén determinada polo prazos de tramitación das inversións, sobre os que a FEMP veu insistindo en diversos foros. Así mesmo e no relativo a inversión do superávit, a Federación tamén conta co compromiso da titular de Facenda de estudar a posibilidade de que a norma sexa de aplicación por un período de varios años. En materia de regra de gasto, a FEMP pediu avanzar nos acordos técnicos alcanzados sobre esta cuestión o pasado verán para convertelos tan pronto como sexa posible en textos normativos.
A FEMP tamén acordou solicitar reunións cos grupos políticos do Congreso dos Deputados a fin de impulsar os cambios na lexislación relativa ao Imposto sobre o Incremento do valor dos terreos de natureza urbana, as plusvalías, para adaptalo ás sentenzas emitidas sobre este tributo. O presidente, xunto aos vicepresidentes e voceiros da Federación, acudirán para defender a proposta de reforma que a FEMP formulou e na que non puido avanzarse na pasada lexislatura.
Na Xunta de Goberno de hoxe, os asistentes tamén falaron do SII IVE. Cando aínda está pendente a confirmación da cantidade exacta á que ascende a mensualidade de decembro de 2017, o Executivo propuxo como medida compensatoria elevar nunha décima o teito de gasto. A FEMP insiste na devolución da mensualidade e acordou debater esta cuestión na Comisión de Facenda a efectos de buscar unha proposta alternativa.
A Xunta de Goberno, finalmente, aprobou dúas declaracións institucionais con motivo, unha, do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, e a segunda, en solidariedade cas familias das persoas desaparecidas sen causa aparente, que se conmemora o 9 de marzo.