venres, 21 feb 2020
Abel Caballero agradeceu esta mañá á policía local María Jesús Antúnez que salvara a vida dun bebé que se estaba asfixiando e para o que a súa nai pedía axuda na tarde do xoves na rúa Pino. O alcalde eloxiou os reflexos e o bo facer desta axente recentemente incorporada ao corpo de seguridade municipal e que neses momentos estaba fóra de servizo.
venres, 21 feb 2020
As solicitudes poderán ser presentadas durante os próximos dez días hábiles co fin de que as entidades veciñais, culturais, socioasistenciais, sindicais, empresariais, deportivas e as comunidades de montes poidan contratar a profesionais.
venres, 21 feb 2020
Abel Caballero acudiu este venres ao Colexio Possumus para saudar ao alumnado que celebraba as festas do Entroido. Os nenos e nenas do centro escolar, na súa gran maioría disfrazados con temas relacionados coa cidades, recibiron ao alcalde no patio escolar, convertido para a ocasión nun grande escenario para o desfile de disfraces.
venres, 21 feb 2020
O albergue de Marqués de Valterra, o único público municipal de Galicia, prestou servizo a case 1.500 persoas en 2019, acolleu 13.000 pernoctas e deu 21.000 menús no seu comedor social. Abel Caballero ofreceu este venres as principais cifras que deixou o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) do Concello no pasado ano.
venres, 21 feb 2020
Abel Caballero acompañou este venres ao alumnado do Colexio Salesianos no acto celebrado na Praza do Rei para amosa a súa unión e compromiso contra o cambio climático. O alcalde destacou que o Concello de Vigo xa incorporou numerosas medidas na loita contra o quentamento global e a contaminación atmosférica. O acto pechouse cunha coreografía na que participaron os estudantes e a lectura dun manifesto de compromiso co planeta.