Escoitar

O goberno local aproba a prórroga do contrato de xestión do servizo de dinamización infantil

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a prórroga do contrato de xestión das ludotecas por un importe de 495.000 euros. A empresa realizará 50 actividades de animación, 50 obradoiros e 10 actividades de excursión. O Concello tamén deu o visto e prace a achega para a Fundación Laxeiro.

xoves, 20 feb 2020

O Concello de Vigo aprobou este xoves na Xunta de Goberno Local a prórroga do contrato de xestión “Servizos de Dinamización Infantil” cun importe de 495.384,60 euros.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a empresa realizará tanto na Casa da Xuventude como no Pavillón de Coia un total de 50 obradoiros con materiais, 10 actividades de excursión ou saídas didácticas de 80 participantes e 50 actividades de animación ou festas, ademais dunha bolsa de horas de prestación do servizo sen custe para o Concello de 100 horas/anuais.

Calefacción centros educativos

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén deu o viso e prace á contratación do mantemento integral das instalacións de calefacción e auga quente sanitaria dos colexios públicos de Vigo cun importe de 170.896,98 euros.

Fundación Laxeiro

Ademais, aprobouse a transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación Laxeiro para o seu funcionamento durante o exercicio 2020 cun importe de 80.000 euros.