Escoitar

O Concello adxudicou 408 axudas de emerxencia a 274 familias desde xaneiro

Desde o mes de xaneiro, 274 familias recibiron 408 axudas de emerxencia por un importe de 71.650 euros. O total anual destas achegas é de 972.000 euros, que se suman aos 1.550.000 euros do Programa Municipal de Axudas de Emerxencia polo que a cantidade que o Concello adica á loita contra os desafiuzamentos é de 2.522.000 euros anuais.

xoves, 20 feb 2020

O Concello dispón de 972.000 euros para axudas de emerxencia que semanalmente outorga unha comisión de valoración e que desde o mes de xaneiro facilitou 408 achegas a 274 familias. Cun importe de 71.650 euros, 111 axudas foron para aloxamento e alugueiro, 101, para alimentación, mentres que o resto foi para pago de subministros e necesidades básicas.

Estes 972.000 euros súmanse aos 1.550.000 euros do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias o que eleva a 2.522.000 o montante de axudas municipais contra desafiuzamentos. O alcalde lembrou que é a primeira vez que o Concello aproba as bases da convocatoria en xaneiro este ano, cunha novidade, ademais, xa que se elevou nun 25% o tope en concepto de alugueiro, unha medida establecida para que máis familias se poidan beneficiar dado o incremento dos prezos dos alugueiros.

En rolda de prensa, o alcalde tamén se referiu á que na última noite, quedaron 11 prazas libres nos albergues da cidade, 6 para mulleres e 5 para homes.