O rexedor traslada o apoio municipal a Navalia 2020 que ten ocupado xa todo o seu espazo

xoves, 27 feb 2020

Abel Caballero asistiu ao Comité Executivo de Navalia onde felicitou á organización por ter conseguido “aguantar en momentos moi complicados, amosando hoxe o poderío da industria naval”, que se reflicte na ocupación xa de todo o seu espazo. “É un grande éxito”, apuntou, amosando a súa satisfacción e trasladándolle á organización o apoio do Concello para que Vigo siga sendo “unha cidade naval, de estaleiros e que volva ser un cheo total” nos días de celebración do evento. A VIII Feira Internacional da Industria Naval de Vigo desenvólvese do 19 ao 21 de maio no Ifevi e ten, nestes momentos, unha ocupación do 99,9% dos 23.000 metros cadrados dispoñibles.

A FEMP crea un grupo de traballo para abordar co Goberno a reforma da Lei de Bases de Réxime Local e da LRSAL

martes, 18 feb 2020

A FEMP insiste en contar o antes posible cun decreto que permita a utilización do superávit de 2019 e en plasmar en termos lexislativos os acordos técnicos alcanzados en regra de gasto. A Federación solicitará reunións cos grupos políticos do Congreso para abordar con premura a modificación do imposto de plusvalías e o seu axuste ás sentenzas dos Altos Tribunais.