O rexedor traslada o apoio municipal a Navalia 2020 que ten ocupado xa todo o seu espazo
Abel Caballero asistiu ao Comité Executivo de Navalia onde felicitou á organización por ter conseguido “aguantar en momentos moi complicados, amosando hoxe o poderío da industria naval”, que se reflicte na ocupación xa de todo o seu espazo. “É un grande éxito”, apuntou, amosando a súa satisfacción e trasladándolle á organización o apoio do Concello para que Vigo siga sendo “unha cidade naval, de estaleiros e que volva ser un cheo total” nos días de celebración do evento. A VIII Feira Internacional da Industria Naval de Vigo desenvólvese do 19 ao 21 de maio no Ifevi e ten, nestes momentos, unha ocupación do 99,9% dos 23.000 metros cadrados dispoñibles.
