Abel Caballero apoia manter a actividade naval nos terreos do antigo estaleiro de Vulcano
O alcalde respalda manter a actividade naval no espazo de Vulcano, un apoio que trasladou este xoves na Alcaldía aos integrantes do antigo comité de empresa do estaleiro e aos representantes de CCOO, UGT e CIG. O rexedor defendeu a “calidade técnica” do naval vigués, un “sinal de identidade” da cidade.

Ao remate da reunión, o alcalde certificou que “queremos que en Vigo siga a haber o mesmo naval cando menos que agora”, unha industria “importantístima” que para Vigo é “máis que actividade económica”, é “un sinal de identidade” e “eixo central” na urbe olívica.
Abel Caballero valorou que a “calidade técnica” das estaleiros do naval de Vigo está “fóra de toda dúbida”, polo que apoia manter a actividade naval nos terreos do antigo Vulcano. Puxo en valor os “máis de mil empregos” que suporía, ademais da actividade económica indirecta, polo que concluíu: “seguirei do lado das centrais sindicais no apoio ao naval”.