Escoitar

O aprazamento do imposto de circulación beneficiará a 200.000 titulares de vehículos

Abel Caballero lembrou esta mañá a decisión do goberno local de aprazar o pago de todos os impostos municipais. O primeiro destes tributos pendentes de pago é o de vehículos que pasará a pagarse entre o 4 de maio e o 6 de xullo, e non entre o 1 de abril e o 5 de xuño, como estaba previsto.

mércores, 25 mar 2020

O alcalde reiterou esta mañá a decisión do goberno local de aprazar o pago de todos os impostos municipais, empezando polo de vehículos, que se pagará entre o 4 de maio e o 6 de xullo, cando estaba previsto entre o 1 de abril e o 5 de xuño. Esta medida afectará a 200.000 vehículos na cidade.

Respecto da plusvalía, aprázase ata o 30 de abril o pago das liquidacións notificadas con anterioridade ao estado de alarma. O pago do imposto sobre instalacións, construcións e obras se amplía ata o 30 de abril ou 20 de maio, dependendo de se as débedas tiñan que pagarse con anterioridade ao 14 de marzo ou con posterioridade a esa data.

No tocante a aprazamentos ou fraccionamentos no IBI, IAE e, en xeral todos os tributos, a data límite trasládase ao 5 de maio, se a obriga de pago era anterior ao 18 de marzo. Se por calquera motivo legal, a notificación de pago se recibise con data posterior ao 18 de marzo, trasládase o pago ao 20 de maio.

A data para contestar a requerimentos o respostar a apremios pasa ao 30 de abril, ao tempo que se suspenden os prazos dos procedementos de comprobación e inspección tributaria do Concello, que se reanudarán o 30 de abril. Os prazos para pagar providencias de apremio nesta segunda quincena do mes, prolónganse ata o 5 de maio.

Por último, para os recursos fronte aos actos administrativos (liquidacións e outros) da Facenda local o prazo dun mes - que poidese estar contando cando se decretou o estado de alarma o que poidese iniciarse durante o mesmo-, comezará a computar desde o 1 de maio de 2020.