Escoitar

O Concello apela á responsabilidade cidadá no depósito do lixo

O alcalde lembra a importancia de deixar as bolsas cos residuos no interior dos colectores para evitar riscos, especialmente nestes momentos, e recorda que o Concello extrema a diario a atención á limpeza e desinfección das rúas.

martes, 24 mar 2020

 

Abel Caballero recomendou este martes á cidade que, para evitar riscos, depositen as bolsas do lixo dentro dos contedores, o que permite realizar a recollida do mes con “total seguridade” e amais serve para previr que poidan ser manipuladas. Así, apelou á responsabilidade cidadá para introducir cada bolsa no contedor que corresponde.

O alcalde explicou que dende o goberno municipal “extremamos, cuns niveis que non se coñeceran nesta cidade, a atención á limpeza e á desinfección” lembrando que están traballando cada día equipos específicos coa cooperación dos bombeiros sempre que non sexan precisan no seu ámbito de traballo. Así, o operativo especial de desinfección diaria está conformado por 4 brigadas de dúas persoas cada unha que realizan quendas de mañá, tarde e noite con remolque, sulfatadoras e baldeadoras.

Os equipos de desinfección traballan en toda a cidade, tódolos barrios e parroquias: Montero Ríos, Areal, Casco Vello, Praza Compostela, Praza Estrela, Santiago de Vigo, escaleiras Cruz Vermella, Reitorado, Soportais Berbés, prazas de abastos de Travesas, Bouzas, Teis, Calvario, Progreso, Cabral e Berbés; Hospital Povisa, Fátima, Ambulatorios de Tui, Pintor Colmeiro, Navia, Nicolás Peña, Teis, Lavadores, Centro saúde López Mora, A Doblada e rúa Cuba, Praza do Rei e Casco Vello de Bouzas. Amais, as quendas comprenden os centros comerciais Gran Vía, Travesía e Corte Inglés, Praza España, Rosalía de Castro, García Barbón, Urzáiz (paseo peonil), Gran Vía entre Praza España e Urzáiz, Pizarro, Avenida Madrid hasta Salgueira, Jenaro de la Fuente, prazas de Fernando Católico e Isabel a Católica, os centros comerciais Alcampo Coia, A Laxe, Camelias, Coia 4 e Praza Elíptica. Tamén se está desinfectado nas rúas Zamora, Barcelona, Zaragoza, Colón, Policarpo Sanz, Alfonso XII, Elduayen, Príncipe, Venezuela, Camelias, Porta do Sol, o ambulatorio de Rosalía de Castro, Florida, Fragoso, Castrelos, Balaídos, Portanet, Teixugueiras e transversais, praza América, Pi y Margall, López Mora, Torrecedeira, Hispanidade, Coruña, Castelao, Praza Independencia, rúa Lalín Tomás Alonso e Avenida Atlántida, Gregorio Espino, Martínez Garrido, Ramón Nieto, praza IES Castelao, Aeroporto hasta Cantabria e zona de paxaros, Sanjurjo Badía, Aragón, Travesía de Vigo, García Barbón, Buenos Aires e Avenida de Galicia.