martes, 24 mar 2020
Para garantir a distancia mínima entre viaxeiros, un autobús tipo “eiruga” cun segundo vehículo detrás cubrirán as liñas aos centros hospitalarios, segundo anunciou este martes Abel Caballero. Ademais, os accesos e saídas aos autobuses serán pola porta traseira, limítase o aforo ao 30% da capacidade máxima e, en próximos días, prohibirase o pago en metálico.
martes, 24 mar 2020
O alcalde deu conta esta mañá de que a Policía Local impuxo onte luns 35 novas denuncias por non cumprir o decreto de alarma, o que eleva as sancións a 249 desde o pasado 14 de marzo. Logo de afear a conduta ás poucas persoas que non cumpren o confinamento, avanzou que as sancións pretenden defender a saúde de toda a cidadanía.
martes, 24 mar 2020
O alcalde lembra a importancia de deixar as bolsas cos residuos no interior dos colectores para evitar riscos, especialmente nestes momentos, e recorda que o Concello extrema a diario a atención á limpeza e desinfección das rúas.