Escoitar

O goberno local reparte 400 comidas diarias a domicilio e entrega 1.033 becas de comedor

Abel Caballero informou este mércores de que o Concello de Vigo xa está a repartir case que 400 comidas a domicilios de persoas en vulnerabilidade para que non saian de casa aos comedores sociais. Tamén entregou as becas de comedor a 1.033 familias.

mércores, 25 mar 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este mércores que o Concello de Vigo xa repartiu onte un total de 397 comidas a domicilio para evitar que as familias con máis necesidades teñan que saír das súas casas e ir aos comedores sociais.

Así, o servizo de Benestar Social continúa co sistema de reparto de comida e a medida que avanza aumenta o número de entregas realizadas. O pasado luns foron 200 e este martes xa aumentaron a case 400. Comedor da Esperanza, Misioneiras do Silencio e comedor do albergue municipal son os encargados de preparar as comidas e posteriormente o Concello leva a cabo os repartos con oito furgonetas.

Por outra banda, Caballero tamén explicou que o goberno local xa repartiu as becas de comedor de 50 euros por fillo a un total de 1.033 familias cun custe de 51.000 euros. Trátase das axudas mensuais que se facían efectivas a través de centros escolares e que agora se están a entregar directamente ás familias.

“Se alguén sabe de situacións así que avise de forma inmediata ao 010 para que lles facilitemos a beca, ningún neno da cidade vai a quedar sen a súa comida”, sinalou.

Agradecementos por doazóns

Ademais, Abel Caballero estendeu os agradecementos a empresas e particulares que están realizando doazóns á cidade con material sanitario. Así mencionou o material sanitario que ofrece a Clínica Susana Santeiro, a concesionaria da Escola Infantil dos Miragres e CdC, empresa que ofrece material sanitario, e os alimentos que doa Delykia.

Tamén mencionou a Autocares Estévez Avión, Raquel González, Asociación contra el Cáncer, Adicam e Wofo-Pescado Congelado), alimentos (Coca Cola, Nueva Pescanova, Halcourier Vigo, Kebel Logistics, Hotey B&B e Agustina Amoedo) e particulares que doaron enseres domésticos (Inés Escribano, Susana Pena, Vicente Ferrer e María Luisa Blanco).

 

 

 

Descargar todas as imaxes