Caballero: "nunca se asinou un acordo desta envergadura entre a FEMP e o Goberno de España"

martes, 4 ago 2020

Abel Caballero asina co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o "Acordo económico para a acción local post COVID-19" no Palacio da Moncloa. No acto participaron as ministras de Facenda e Política Territorial, a vicepresidenta segunda da FEMP e alcaldesa de Toledo, o voceiro de IU-Podemos na Federación e alcalde de Rivas-Vaciamadrid, o alcalde de Valladolid e voceiro adxunto do grupo socialista e o secretario xeral da Federación.

A FEMP levará á Xunta de Goberno Extraordinaria a nova oferta de Facenda que engade unha achega de 5.000 millóns a fondo perdido para os gobernos locais

venres, 31 xul 2020

Explicou Abel Caballero que se celebrará o luns tras o estudo dos contidos da proposta, que tamén prevé a devolución en 10 anos do 100% dos remanentes entregados. O alcalde e presidente da FEMP fixo unha valoración positiva e destacou que a entrega dos remanentes é a única fórmula xurídica para “eludir unha lei nefasta de 2012 que non nos permite usar os nosos remanentes sen incorrer en déficit”

Cándido Conde Pumpido será o pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

martes, 14 xul 2020

O maxistrado do Tribunal Constitucional será o encargado de ler o pregón no acto que se celebrará nos xardíns do Pazo de Castrelos o vindeiro xoves, 23 de xullo. Ademais, o alcalde convocou un Pleno extraordinaria no que Isaura Abelairas presentará a súa renuncia ao cargo de concelleira tras ser elixida deputada no Parlamento de Galicia.