martes, 3 nov 2020
O alcalde presentou esta mañá as grandes cifras do orzamento para 2021 que alcanza os 264 millóns aos que hai que sumar as inversións previstas pola Deputación na cidade. Trátase, dixo, dunha cifra récord para “mobilizar a economía” nun ano que se prevé “moi difícil”.
martes, 3 nov 2020
O alcalde avanzou este martes os investimentos que recolle o Orzamento Municipal para o vindeiro ano de 25,8 millóns de euros, que se suman ao investimento previsto cos remanentes de case 36 millóns de euros e aos que cómpre sumarlle o investimento doutras institucións na cidade. Entre as partidas máis destacadas figuran as humanizacións (10,6 millóns), o Estadio de Balaídos (6 millóns de euros), 2,3 millóns do programa DUSI ou máis de 1,5 millóns para Política Social.
xoves, 29 out 2020
O alcalde deu conta este xoves dos proxectos municipais en marcha para mobilizar estes recursos cos que asegura que “estamos facendo historia da cidade cun proceso de modernización que nunca antes tivo Vigo”.
mércores, 28 out 2020
A Corporación municipal aprobou a moción socialista que defende a necesidade de coñecer os datos da incidencia do coronavirus na cidade para tomar decisións na loita contra a pandemia. Ademais, o Pleno reclama á Xunta unha partida orzamentaria para os gastos derivados da Covid-19.
venres, 16 out 2020
As empresas que prestan servizos ao Concello de Vigo cobraron no último trimestre nunha media de dez días, o que mantén a Vigo como a cidade mellor pagadora de España. No mes de xullo, esa media reduciuse ata os 8 días, fronte aos 30 días de Málaga, os 47 de Santiago ou os 34 de Ferrol.
martes, 6 out 2020
A Audiencia Nacional asevera nun auto que o rescate da caixa resultante debeuse á “situación económica financeira na que se atopaba Caixa Galicia antes da fusión”, e engade: “Caixanova nunca tería sido intervida se non se vira obrigada a fusionarse con Caixa Galicia”. Abel Caballero recordou a oposición a unha operación impulsada pola Xunta e demandou “explicacións” a Feijóo.
mércores, 30 set 2020
Uns 7.800 municipios de España e numerosas deputacións, cabildos e consells insulares poderán gastar 14.000 millóns dos seus remanentes tras o acordo entre a FEMP e o Goberno central. ”Poder gastar os nosos aforros é unha demanda nosa desde 2012”, asegurou Abel Caballero”. A FEMP seguirá negociando o fondo de 5.000 millón e o fondo de transportes.
mércores, 23 set 2020
Abel Caballero: “Todo o que contempla a proposta do Ministerio é urxentísimo. E é imprescindible o fondo de 5.000 millóns, o fondo de transportes e poder usar os remanentes”. ”A FEMP non renuncia a nada”, subliña o alcalde e presidente da Federación na Xunta de Portavoces Extraordinaria celebrada este mércores
luns, 14 set 2020
Abel Caballero avanzou -en relación á proposta remitida hoxe polo Ministerio de Facenda - que “é imprescindible que algunhas decisións se tomen de maneira inmediata”. A Xunta de Voceiros da FEMP plantexou esta mañá que o fondo de transportes, que non aparece contemplado na proposta, se incorpore ao decreto ou, en calquera caso, que se habilite para ser usado este ano.
mércores, 9 set 2020
O Pleno Municipal aprobou este mércores cos votos do grupo municipal do PSOE o acordo subscrito entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Goberno de España para utilizar integramente os recursos que equivalen aos remanentes líquidos de Tesourería. O alcalde asegurou que Vigo recibirá 128 millóns de euros, 40 a fondo perdido.