Caballero valora que o reto demográfico reciba 2.500 millóns de fondos europeos

luns, 16 nov 2020

Abel Caballero celebrou os 2.500 millóns de euros de fondos europeos que se van adicar a afrontar o reto demográfico, tal e como se anunciou no transcurso da Comisión Nacional de Administración Local desta mañá. Desde a FEMP, tamén valorou positivamente a asignación de 230 millóns para inversións en modernización nas Entidades Locais, por parte do Ministerio de Política Territorial.

O alcalde eloxia os premios ao emprendemento organizados por AJE

venres, 13 nov 2020

Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción na presentación da XV edición dos premios ao emprendemento organizados pola Asociación de Jóvenes Empresarios. Neste acto, organizado na sede da Deputación en Vigo, tamén estiveron presentes Carmela Silva e o presidente de AJE, Iván Suárez, así como Ana María Mejías, concelleira de I+D e Dinamización Administrativa.

Caballero compromete o apoio do Concello para a instalación en Vigo dunha planta internacional de produción téxtil

mércores, 11 nov 2020

O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha xuntanza cos responsables da empresa RC Fil Non Tex, interesada en levantar na cidade unha planta de produción téxtil. A firma, con 30 anos de experiencia no sector, produce material para a fabricación de EPIs anticovid e ten tamén aplicacións industriais e agrícolas.