O alcalde eloxia os premios ao emprendemento organizados por AJE
Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción na presentación da XV edición dos premios ao emprendemento organizados pola Asociación de Jóvenes Empresarios. Neste acto, organizado na sede da Deputación en Vigo, tamén estiveron presentes Carmela Silva e o presidente de AJE, Iván Suárez, así como Ana María Mejías, concelleira de I+D e Dinamización Administrativa.
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación do XV Premio joven empresario/a e Iniciativa emprendedora AJE Vigo. Acompañado polo presidente da entidade, Iván Suárez, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, Caballero elixiu unha iniciativa que recoñece o esforzo aos empresarios e empresarias de toda a provincia nun momento tan difícil como o que estamos a atravesar. Lembrou que Vigo “leva no seu ADN o emprendemento” porque é unha cidade que vive da economía da súa industria e do seu propio potencial. Neste contexto, felicitou aos promotores destes galardóns que establecen catro categorías de premios (xoven empresario/a 2020, iniciativa emprendedora, innovación e responsablidade social empresarial). Ademais, este ano dedican unha distinción honorífica ao sector hostaleiro local, un recoñecemento aplaudido tanto polo alcalde como pola presidenta provincial.
O prazo de presentación para estes galardóns, abertos a toda a sociedade e no só a asociados, tanto empresas como autónomos da provincia de Pontevedra, finaliza o próximo 17 de noviembre. Os premios entregaranse o próximo 26 de novembro na sede da Deputación.