Escoitar

O MARCO celebra o seu 18 aniversario cun reforzo da actividade interna e máis orzamento para novos espazos

Abel Caballero destacou este venres que o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) celebra o seu 18 aniversario “cunha actividade interna de reforzamento”. A galería viguesa ten na actualidade varias exposicións abertas e o Concello aumentou a partida orzamentaria para obras de mellora.

venres, 13 nov 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa de que o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) cumpre oa súa maioría de idade cun aumento do presuposto, un total de 650.000 euros en 2021 (un 8% máis que o presente ano), para realizar obras que permitan gañar espazos.

“O museo está en plena actividade interna de reforzamento, non só ten abertas exposicións como as de Vilariño e Celeste Garrido, senón que tamén ten en marcha unha actuación de mellora nos patios e lucernarios grazas a un incremento orzamento en 8%, con cargo exclusivo ao Concello", sinalou o alcalde.