Caballero lamenta que a Xunta non aprobara xa o proxecto de ampliación do Ifevi
Abel Caballero instou este venres á administración autonómica a aprobar a vindeira semana, no Consello da Xunta, a aprobación do proxecto de ampliación do recinto do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). O alcalde asegurou que o Concello ten todo disposto, con partida económica incluída, para completar a tramitación pendente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou este venres que a Xunta de Galicia non aprobar onte na xuntanza do seu consello semanal o proxecto de ampliación do recinto do Ifevi e instou á administración autonómica a aplicar de inmediato a Lei 3/2016 (Lei Vigo). “De novo a Xunta atrasando actividades na cidade, xa van tarde outra vez, porque ademais do proxecto, deberían dar luz verde tamén á declaración da prevalencia do interese de ampliación sobre o monte en mancomunados, así como a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados”, sinalou.
O alcalde tamén garantiu que o Concello ten todo disposto, incluída a consignación de fondos, para proceder á expropiación dos terreos en canto a Xunta complete a tramitación pendente.