Escoitar

Caballero compromete o apoio do Concello para a instalación en Vigo dunha planta internacional de produción téxtil

O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha xuntanza cos responsables da empresa RC Fil Non Tex, interesada en levantar na cidade unha planta de produción téxtil. A firma, con 30 anos de experiencia no sector, produce material para a fabricación de EPIs anticovid e ten tamén aplicacións industriais e agrícolas.

mércores, 11 nov 2020
Xuntanza cos responsables da empresa.
Xuntanza cos responsables da empresa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores ao responsables da empresa RC Fil Non Tex SL, unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector téxtil, con clientes como Inditex ou PSA, e que distribúe un produto chamado “Texido no Texido”, que actualmente producen en Asia y envían a más de 30 países.

Segundo explicou, este tipo de material xa é imprescindible, posto que se utiliza para a fabricación de EPIs anticovid (máscaras, batas, gorros…), pero ademais ten aplicacións industriais, agrícolas e hixiénicas, entre outras.

Caballero cualificou a idea de crear unha planta de produción en Vigo como “excepcional” e comprometeu todo o apoio do Concello de Vigo para que poida establecerse na cidade. “Falarei cos ministerios de Sanidade e Industria pola importancia que pode ter en abastecemento de industrias claves”, apuntou.

Descargar todas as imaxes