Caballero valora a implicación de Caixabank no ámbito social, deportivo e económico de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha xuntanza con Marc Benhamou, director Territorial de Caixabank Galicia/Castilla y León; María Jesús García Piñeiro, coordinadora de Institucións en Galicia, e Evaristo Puentes Leira, director de Institucións de Caixabank. O rexedor amosou a súa satisfacción pola implicación da entidade co ámbito social, deportivo e económico de Vigo. “O meu agrado, van a abrir máis oficinas, sede no Príncipe e unha maior cooperación coa cidade”, sinalou.
Descargar todas as imaxes