Escoitar

O goberno de Vigo contrata as carrozas da cabalgata de Reis por 60.000 euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación do servizo de deseño e produción das carrozas escenario municipais da cabalgata estática de 2021 que se celebrará na Avenida de Castelao.

luns, 14 dec 2020

O alcalde explicou en rolda de prensa que o goberno municipal dedica este ano 60.379 euros, unha cifra similar á do ano anterior, para unha cabalgata cun deseño diferente, xa que será estática, situándose en Coia, no carril central da Avenida Castelao polo que pasearán as familias con distancia Covid. Un modelo que, tal e como apuntou, están copiando outras cidades e tamén municipios próximos.

A Xunta de Goberno adxudicou tamén a contratación de servizos de supervisión e apoio loxístico fronte ao Covid-19 na programación de Nadal 2020-2021 cun importe total de 41.034 euros e co que se contratarán 25 persoas como controladores Covid para atender en tempo real as dúbidas cidadás sobre a aplicación do protocolo sanitario, as urxencias que marque o sistema de cámaras de seguridade, a supervisión das medidas de seguridade e o apoio loxístico en controis de acceso, mobilización de vallas de seguridad,e instalación dispensadores de xel?

Ademais, para o desenvolvemento da cabalgata estática o Concello ten aprobada a contratación do servizo de produción técnica e servizos auxiliares para a loxística do evento con montaxe, vallas, persoal e control de aforos, baños ou instalacións móbiles de apoio por 52.000 euros.

Emprego
O Concello adxudicación tamén a contratación do servizo de formación específica do programa integrado para o emprego do Concello de Vigo 2019-2020, que ten un importe de 21.300 euros e co que se formarán ata 100 persoas desempregadas, dentro deste plan. A formación aprobada agora divídese en tres modalidades "moi demandadas na economía de Vigo" segundo apuntou o rexedor: actividades auxiliares de almacén, teleformación e manexo de medios mecánicos.