xoves, 17 dec 2020
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación as axudas de emerxencia que non teñen límite orzamentario e que xa parten de inicio dunha cantidade de 1.125.000, 200.000 euros máis que o ano pasado. Ademais, o Concello financia comedores sociais da cidade cun importe de 230.950 euros.
xoves, 17 dec 2020
Cedidas polo Goberno de España, o Concello entrégaas principalmente entre colectivos vulnerables e/ou en risco de exclusión, que reciben 30.000. Outras 10.000 se distribuirán nos mercados municipais e as 5.000 restantes, a asociacións de maiores. Desde primavera, Vigo facilitou en total case que 300.000 máscaras, segundo subliñou este xoves o alcalde.
xoves, 17 dec 2020
O VI Programa municipal de medianeiras suma unha nova obra de arte urbana no pavillón de Romil na que “Pelucas” reflicte un universo deportivo, animal e artístico cunha intervención realizada en tres ámbitos do exterior da instalación deportiva. Abel Caballero e Carmela Silva achegáronse este xoves a coñecer o novo traballo do artista para o festival de arte “Vigo cidade de cor” que conta xa con 133 murais nas rúas e colexios vigueses.
xoves, 17 dec 2020
A biblioteca municipal de Martínez Garrido ofrecerá desde este venres este novo modelo de entrega a domicilio en menos de 48 horas. Cun máximo de dez documentos (entre libros, música, revistas e cine), poden solicitalo os socios que vivan en Vigo e estean en corentena, no 986267759 ou no mail bpneiravilas@vigo.org
xoves, 17 dec 2020
Abel Caballero asistiu este xoves, xunto ao delegado de Zona Franca, David Regades á inauguración do restaurante Milongas Parrillada no centro comercial A Laxe, que inicia a súa actividade en Vigo cun equipo de 15 persoas. O rexedor visitou o espazo, situado na área de restauración na segunda planta do centro, e trasladoulle os seus parabéns aos responsables de Milongas pola súa iniciativa empresarial tamén en tempos de pandemia.
xoves, 17 dec 2020
O alcalde participou este mércores por videoconferencia no II Foro Nacional “Turismo e despoboamento rural” no que defendeu a necesidade de “reverter a desertización e o despoboamento rural que é unha degradación do territorio”. Aposta Caballero polo uso dos fondos europeos e dos fondos Covid do Goberno de España no repoboamento do rural xa que o turismo, dixo, “debe estar ligado ao territorio”, sendo “unha “panca” para a repoboación polo que precisa de axudas. E no ámbito rural, a actividade lígase a oportunidades económicas e á calidade de vida que “debemos potenciar”.