O orzamento do Concello para 2020 reserva 53 millóns ao ámbito social

venres, 25 out 2019

O alcalde continuou este venres detallando o borrador das contas municipais para o próximo ano, aprobadas onte pola Xunta de Goberno Local. Caballero informou que as áreas de carácter social (Benestar, Igualdade, Emprego, accións públicas sanitarias, Educación e promoción educativa) suman 52,9 millóns, case que o 20% dos 267,7 millóns totais do orzamento.