Máis de 400 empresarias visibilizan e promoven a figura da muller no IV Congreso Empresarias Galicia
Empresarias e mulleres de todos os ámbitos reúnense os próximos 6 e 7 de novembro na sede de Afundación de Vigo para a celebración do IV Congreso Empresarias Galicia. Caballero aplaude "o impulso" que supón para o colectivo este evento.
Caballero acompañou esta mañá na presentación á presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez, e felicitou á asociación por "o impulso que este evento supón para a promoción da muller empresaria". O evento, "que está aberto a toda a masa empresarial de Galicia pero cunha visión feminina", aumentou a súa duración a unha xornada máis e ten como obxectivo "compartir experiencias e sacar conclusións da situación da muller no mundo rural, o deporte, as tecnoloxías, os medios de comunicación, a cultura etc.", apuntou Pérez. Para iso, desenvolveranse relatorios, unha comida networking e varios talleres. Ademais, haberá espazo para a exposición das casetas das empresas e institucións.
Descargar todas as imaxes