O alcalde traslada o seu apoio ao comité de Barreras quen lle insta a actuar como mediador
O rexedor mantivo esta mañá un encontro co comité de empresa de Hijos J. Barreras quen lle solicitou que actúe como mediador para mobilizar a todos os implicados aos efectos de buscar unha solución. O alcalde aceptou a petición do comité a pesar de que o Concello non ten competencias na materia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou esta mañá que en Hijos J. Barreras non hai discrepancia sobre a calidade técnica do traballo do estaleiro senón que hai un problema de incomunicación entre os diferentes estamentos da empresa (armadores, accionistas e dirección) que hai que solucionar antes de chegar ao concurso de acredores. Así o trasladou o rexedor tras manter un encontro co comité de empresa do estaleiro no que lle solicitaron que actúe como mobilizador das partes implicadas accionistas, (accionistas, armadores, Pymar e Xunta) para darlle solución ao problema, un encargo que Caballero aceptou a pesar de que o Concello non ten competencia algunha nesta cuestión.
Descargar todas as imaxes