O novo PXOM contempla un vial desde a A55 ao hospital, con conexións á VG20 e Portanet
O borrador do novo Plan Xeral será presentado a finais deste mes e inclúe novidades nas infraestruturas viarias, segundo informou este venres Abel Caballero. O documento prescinde da Ronda de Vigo que figuraba no anterior Plan e recolle unha nova conexión desde a estrada de Porriño a Clara Campoamor, que se prolongará logo en dous ramais ata a Avenida de Portanet e a VG20 en Matamá.