Fomento adxudica por 785.000 euros os traballos de revalorización da muralla do Castro
O Concello recibiu comunicación do Ministerio da proposta á UTE Emergis-Prace como adxudicataria provisional das obras, que terán unha supervisión arqueolóxica constante durante as mesmas, xa adxudicada polo Concello por outros 94.000 euros.
Abel Caballero informou desta decisión adoptada polo Ministerio de Fomento, unha proposta de adxudicación á UTE Emergis-Prace por importe de 784.754 euros. A previsión ministerial e municipal indica que en febreiro poderían comezar os traballos mais antes, engadiu o alcalde, a empresa encargada de levar o control arqueolóxico elaborará o seu proxecto de supervisión.
Esta obra é posible en virtude do convenio rubricado polo Concello de Vigo e o Ministerio para a recuperación e posta en valor da muralla, cun importe de 835.197 euros a sufragar nun máximo de 626.000 euros por Fomento e 209.000 euros pola administración local viguesa.
Os traballos se levarán adiante seguindo tres liñas principais: a conservación e reparación dos elementos propios da fortaleza, a reorganización da accesibilidade ao monumento -que inclúe a reparación do acceso norte- e a mellora da integración ambiental da muralla no paisaxe urbana, que contempla a súa iluminación.