O goberno de Vigo aproba as becas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas
O Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará este xoves as bases e a convocatoria do programa, que presenta un orzamento de 175.000 euros para incrementar ata cen o número de estadías subvencionadas no estranxeiro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que este xoves a Xunta de Goberno Local dará o visto e prace ás bases e convocatorias das bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro para alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O programa para 2020 presenta un orzamento de 175.000 euros para un total de cen becas.
Da centena, 66 son para o Reino Unido e/ou Irlanda, 11 para Francia, 6 para Alemaña e/ou Austria, outras tantas para Italia, 4 en Portugal, 4 para Xapón e 3 para China. O Concello ofrece unha estadía formativa nestes países, tal e como fai cos 900 alumnos de Secundaria que xa viaxaron este mes de setembro ao Reino Unido e Irlanda.
A bolsa irá destinada a financiar á estancia de dúas semanas en calquera cidade (dalgún de estes países) elixida polos estudantes e aos gastos de viaxe de ida e volta en avión desde o aeroporto de Vigo ata a cidade de destino.