Vigo monta xa a noria do Nadal, con 62 metros de altura e capacidade para 192 persoas
Abel Caballero visitou este mércores o inicio dos traballos para erixir a noria, que estará en Colón con Areal, xunto á Alameda. Nova no Nadal vigués, esta atracción terá 62 metros de altura e 48 cestas para 192 persoas, con 198.000 puntos LED e unha pantalla central de 3,5m de diámetro apta para vídeo.